|
Escrito por Carlos Méixome
|
|

Noutra ocasión falamos dende as páxinas d’A Peneira da causa militar 297/1936 instruída contra o Garda Forestal de Baiona Jaime Martínez Estévez e vista no Consello de Guerra celebrado, o 17 de decembro de 1936, en Vigo, no que resultou condenado a 15 anos de prisión polo delito de “auxilio á rebelión”. Comentabamos daquela que o Forestal procurara un bo defensor, nada máis e nada menos que a Valentín Paz Andrade. O avogado galeguista elaborou unha hábil estratexia defensora argumentando a actuación forzada do seu patrocinado e, nomeadamente, que no momento dos feitos non se declarara o Estado de Guerra en Baiona, onde residía o seu defendido quen ignoraba que si se fixera en Canido (Vigo), lugar dos feitos que os sublevados querían xulgar.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por IEM
|
|

O noso compañeiro e membro da Xunta de Goberno do IEM, Xilberte Manso deixounos esta reflexión na web de SOS Groba, a partir da triste suspensión do curro d'A Valga o pasado domingo 13 de maio de 2012. "Onte non houbo curro na Valga pero si unha protesta de xente comprometida cunha tradición, que está disposta a non deixala morrer sen loitar. Que é o que quere ou pretende a Xunta de Galicia?
|
|
Ler máis...
|