| O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo. |
|
A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
|
| Xornadas de portas abertas no xacemento paleolítico d´O Cabrón |
|
|
|
| Arqueoloxía - Novas | |||
| Escrito por Alvaro | |||
| Venres, 22 Xullo 2011 19:41 | |||
|
Unha vez iniciada a segunda fase de escavacións no xacemento paleolítico da finca d´O Cabrón, o luns, 25 de xullo, haberá unha xornada de portas abertas na que os veciños e veciñas de Arbo e todas as persoas interesadas poderán tanto contemplar os traballos arqueolóxicos como recibir explicacións sobre os traballos e achados por parte dos especialistas do IEM.
As visitas dará comezo ás 11.30h. na quenda de mañá e ás 18h. na quenda da tarde. Estas xornadas de portas abertas son posibles grazas ao convenio de colaboración asinado polo concello de Arbo e o Instituto de Estudos Miñoranos.
|