Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio
Skip to content
“Historia dun desacougo”: as verbas de Celso Emilio compaxinadas por Miguel Anxo Mouriño. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
ferreiro

O mestre e escritor Miguel Anxo Mouriño (IEM), escribiu esta Historia dun desacougo, a partir dunha selección de versos de Celso Emilio Ferreiro. O poema integrou posteriormente o poemario Camariña: sete cruces e unha esperanza (1990). No centenario do escritor nado en Celanova, convidamos á lectura desta composición dobremente fermosa, pola verbas de Celso Emilio e a acertada compaxinación de Miguel Anxo.

Celso Emilio Ferreiro
(Historia dun desacougado contada por el mesmo)

1  Cando o solpor dormía sobre os pinos
2  os meus ollos de neno,
3  como brasa mortiza dun rescaldo
4  esculcaban o lene voo das aves
5  buscando a patria do solpor, buscando
6  pombas de luz e xílgaros de soño.
7  Feridos de silencio baixo a noite
8  meus nomes sen palabras, mainamente
9  cantaban nos solpores doces nainas.
10  Cando chegou a noite envolta en nardos
11  en busca das gamelas e as gaivotas
12  comprendín de repente
13  eses solpores tristes como mágoas,
14  porque os camiños todos desta terra
15  viron agallopar mouros cabalos.
16  Pasaron moitas lúas
17  sulcando o val das torres mergulladas;
18  non me preguntes nada.
19  Agora o meu amor ten outro nome.
20  Andando vou, alporizado o corpo,
21  furando o longo túnel dunha noite,
22  e búleme no sangue como un berro
23  de lúas e de estrelas penduradas
24  Escoita a miña xente
25  unha chuvia monótona e tristeira;
26  cos ollos postos sobre as duras pedras
27  camiñan apalpando a longa noite
28  entre o esterco de noites sen estrelas;
29  Nin xiquera son ar, nin voz xiquera.
30  ¿De que lugar ignoto ven o vento
31  que eu son, terra amasada en sangue
32  cun doce son de gaita estremecida?
33  ¿Os homes viven, morren, sempre cegos
34  unha historia contada noutra lingua?
35  ¿Será o vento a voz dos que están mortos,
36  escura voz dun soño sulagado?
37  Bon home, eu non sei nada:
38  se é certo que vivimos
39  dunha fogueira acesa no arrabaldo.
40  Se é certo que a lembranza
41  é un balbordo de frautas e pandeiros
42  xunto á fonte do tempo, alá no fondo.
43  Soio sei que me sinto un extranxeiro
44  e xa nunca voltei a sere soño.

NOTA.—

Damos a continuación o significado das notas aclaratorias que permitirán localiza-los versos de Celso Emilio (Obras completas, edición de Alonso Montero):
Nº de verso deste poema. / Título abreviado do libro de Celso Emilio. / Título do poema. / Nº de verso do poema de Celso Emilio.

1 SOÑO.— Dempois (7)

2 SOÑO.— O medo (3)

3 CELANOVA.— Modestia Fóra (17)

4 ANTIPOEMAS.— As Matrias (4)

5 CELANOVA.— Outubro 1972 (30)

6 LONGA.— O Reino (11)

7 SOÑO.— Os fuxidivos (17)

8 SOÑO.— Falareivos de min (7)

9 ANTIPOEMAS.— As Matrias (9)

10 CELANOVA.— Modestia Fóra (14)

11 CELANOVA.— Loubanza do Pai Miño (12)

12 CELANOVA.— Xaneiro 1972 III (8)

13 SOÑO.— Carmen Conde (3)

14 CELANOVA.— Setembro 1972 I (8)

15 ANTIPOEMAS.— As Matrias (47)

16 PIXIÑAS.— 2ª Parte (1)

17 CELANOVA.— Os Mensaxes (19)

18 SOÑO.— Dempois (16)

19 SOÑO.— Primavera inútil (3)

20 SOÑO.— Falareivos de min (23)

21 SOÑO.— Mensaxe desde o silencio (18)

22 SOÑO.— Primavera inútil (4)

23 SOÑO.— Muller espida (22)

24 ANANOS.— Primeira Parte, 16 (5)

25 CELANOVA.— Alma de terra (5)

26 SOÑO.— Hª dunha muller (15)

27 SOÑO.— Ollaime ben (34)

28 SOÑO.— Emigrantes (12)

29 SOÑO.— Frol de Outono (12)

30 SOÑO.— O neno preguntaba (1)

31 SOÑO.— Os ollos (2)

32 SOÑO.— Asturias (20)

33 SOÑO.— Ollaime ben (18)

34 LONGA.— Deitado frente ao mar (18)

35 SOÑO.— O neno preguntaba (13)

36 SOÑO.— Falareivos de min (34)

37 LONGA.— Prometeo encadeado (20)

38 LONGA.— Pranto por Carles Riba (33)

39 LONGA.— Lembranza (11)

40 LONGA.— Pranto por Carles Riba (34)

41 LONGA.— O tempo solprendido (42)

42 SOÑO.— Nai (2)

43 NINGURES.— Veño (11)

44 LONGA.— Nunca poderei esquecelo (17)