| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| Tucho Calvo presentou o seu libro no IEM |
|
|
|
| Filoloxía e literatura - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
|
Un repaso ao século XX en Galicia a través da mirada de Valentín Paz-Andrade é o que nos propuxo o escritor Tucho Calvo na presentación do seu libro. A obra convida a unha percorrida pola vida do persoeiro ao que a Real Academia Galega decidiu outorgarlle o Día das Letras Galegas 2012. Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX , foi definido como "un libro contra a marxinación e o esquecemento" deste loitador polifacético, en palabras de Tucho Calvo.
Esquecemento e marxinación que por exemplo Paz-Andrade sentiu –e confesou a Calvo- durante o proceso de redacción do novo proxecto de autonomía para Galicia, na transición. Un episodio histórico polo que loitou ao longo da súa vida (custándolle a cárcere e a represión por parte da ditadura), e que cando se consumou as novas clases dirixentes decidiron manterllo afastado. Nese contexto xurdiron os primeiros encontros entre Calvo e Paz-Andrade. Amodo, o entrevistado foi lembrando as adversidades polas que atravesou antes e despois da guerra civil. Un cúmulo de situacións ao borde do novelesco, que levou a Calvo a salientar a súa capacidade para sobrevivir e sobrepoñerse ante os golpes da vida. No transcurso da presentación, Tucho Calvo fixo referencia á obra literaria, ensaísta, política, ecolóxica e económica que legou Paz-Andrade a Galicia. Reflexionou que tal vez co nomeamento dun Día das Letras Galegas a Paz-Andrade, comece unha etapa de redescubrimento do persoeiro galeguista. Achegamos a conferencia completa de Tucho Calvo coa presentación da escritora Marta Dacosta.
|