| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| GONDOMAR DOCUMENTA: Filme MULLERES DA RAIA, xoves 19 de agosto na Praza do Centro de Saúde Gondomar |
|
|
|
| Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos | |||
| Escrito por Alvaro | |||
|
Unha viaxe ás fronteiras do norte de Portugal e Galicia transportanos ao noso pasado máis recente: o contrabando local e a emigración clandestina. En tempos de represión, con gobernos ditatoriais, un grande número de portugueses emigrou para Francia cruzando as dúas fronteiras ilegalmente. O contrabando local foi outro medio para escapar da miseria, por iso un exército de mulleres atravesaba tódolos días a fronteira para mercar e vender produtos de necesidade, debido á diferenza de prezos. Este intercambio comercial entre os pobos fronteirizos do Minho trouxo grandes lazos de amizade e deu orixe a unha historia compartida. "A raia" como é popularmente coñecida a fronteira, garda unha historia de loita diaria pola sobrevivencia e as súas mulleres testemúñano.
Trailer da película Entrevista a Diana Gonçalvez, directora de Mulleres da raia. Visita o Blog de Mulleres da raia. Achegamos folla informativa para descargar.
|