| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| Galeg@s universais pecha o Gondomardocumenta |
|
|
|
| Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos | |||
| Escrito por Alvaro | |||
|
O próximo xoves 26 de agosto ás 22h. na Praza do Centro de Saúde de Gondomar remata o ciclo de cinema documental GONDOMARDOCUMENTA coa proxección do filme de Lukas Santiago Galeg@s universais.Historias do mar “Galeg@s, porque son persoas nas que desborda a sabiduría popular, que representan o espírito do pobo galego, a fala, a retranca, as lendas... Galeg@s, porque son portadores da cultura tradicional galega, rural e mariñeira, últimas testemuñas dese mundo que xa non volverá... Universais, porque son persoas anónimas, que non soen ter a palabra, pero que teñen moito que contar... e son especiais, aquí e en Australia... Universais, porque coñeceron unha época de pobreza, de carencias... na que seguen a vivir no presente a maioría dos seres humanos do mundo... Historias do mar porque son persoas do mar, desa cultura mariñeira que moldeou a alma das xentes da nosa costa durante séculos... Esta é unha homenaxe a tod@s eses galeg@s universais, que ninguén coñece, pero que tod@s coñecemos...”
Achegamos o trailer da película e tamén a folla informativa coa ficha técnica, artística e sinopse. Lukas Santiago é tamén o autor de O Neixón: historia viva dun castro, primeira longametraxe documental sobre da arqueoloxía galega. Poden coñecela en http://www.youtube.com/watch?v=zBAkOKQ9N4U http://www.youtube.com/watch?v=PAaIcdPyI6E&feature=watch_response http://www.youtube.com/watch?v=_lSxykyUloA
|