Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Nova conferencia do Lean Manufacturing de Jesús Fernández Alonso: "Orde e limpeza 5S."

O próximo xoves 9 de febreiro, ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar)  o Enxeñeiro Industrial  Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título "Orde e limpeza "5S"

Está en:  Inicio
Skip to content
A obra Holocausto Zacoe, de Carlos Solla gaña a IV edición do certame de poesía Victoriano Taibo. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por Carlos Méixome   

Calros-Solla-iem

O xurado do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns acordou conceder o premio que recaeu este ano en Carlos Solla, domiciliado en Pontevedra, que presentou a obra Holocausto Zacoe.

Bio-bibliografía.

Carlos Solla naceu en Pontevedra no ano 1971. É profesor de Lingua Galega, escritor e etnógrafo. Membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido, da Terra de Montes, e do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca. Ten unha abundante obra ensaística e etnográficas sobre Cerdedo, o Monte do Seixo e o Río dos Gafos, entre outros e colabora en media ducia de obras colectivas.

No eido da poesía ten publicados os poemarios Ras e tritongos, 2003, antoloxía poética que inclúe: Xábregho, Mel de arañas e Terras raras. Cerdedo in the Voyager I, 2004 (poesía visual). Libro de reclamacións, 2005 (poesía visual). Pan prós crocodilos, 2010. Recentemente acadou o premio Johan Carballeira co libro Koyi Kabuto. Lume de ollos MazinGZ.

Valoración.

O xurado do certame Vitoriano Taibo valorou a unidade e a elección temática do orixinal. O libro é unha alegoría sobre a situación do idioma e da identidade do pobo galego. A ironía e o humor son os recursos fundamentais para esquivar o desacougo tráxico que os poemas nos relatan, pois malia o sorriso que conseguen debuxar en nós, non podemos ignorar a realidade negativa dos seus enunciados. Holocausto Zacoe é a demostración de que a poesía é divertimento e mensaxe, un medio para reflexionar e concienciarse da realidade que nós rodea.

Antecedentes.

O certame de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns foi creado no ano 2008 dentro de diversas accións levadas a cabo polo IEM, co patrocinio principal, aínda que non único, da Entidade Local de Morgadáns, que tiñan por obxecto renderlle unha homenaxe ao escritor, poeta e académico Victoriano Taibo, rescatalo do esquecemento no que inxustamente estaba asolagado e vinculalo definitivamente ao lugar onde por máis tempo desenvolveu o seu labor docente e cultural, a parroquia de Morgadáns.

O premio tan recentemente creado tivo unha boa acollida dende o principio, pois nas catro convocatorias que leva rexistradas houbo sempre unha participación de máis de corenta orixinais, con abundancia, en todos os casos, de textos de gran calidade.

O I Premio (entregado en novembro de 2008) recaeu no libro Cultivos Transxénicos do poeta lalinense Carlos Negro.

O II (novembro de 2009) foi concedido ex-aequo a Cuarto Minguante de Mª Carmen Caramés e a Biografía da Multitude: escrito a dúas mans por Elvira Riveiro e Silvia Penas.

O III Premio (decembro 2010) tivo como gañador o poemario titulado Devastacións dispoñibles da poeta arousá Mª Goretti Fariña.