Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio
Skip to content
CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM   
cartel_cantares_minor_2012-

O sábado 21 de xaneiro, a partir das 20:30h, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, celébrase o evento «CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais». No acto participarán a Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela, e o Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, do Centro Cultural de Vincios (Gondomar), que é a entidade organizadora. O acto será presentado por Xilberte Manso de la Torre, profesor do Instituto ProVal e membro destacado do Instituto de Estudos Miñoranos.
Despois de que Perfecto Feijoo crease en 1883 en Pontevedra a agrupación coral Aires da Terra, a comezos do século XX formáronse algúns dos coros que aínda hoxe permanecen, como Toxos e Froles (Ferrol, 1915), Cántigas da Terra (A Coruña, 1916), De Ruada (Ourense, 1919) ou Cantigas e Agarimos (Compostela, 1923). Estas formacións preservaron a tradición coral que chega aos nosos días arrequecida pola achega popular durante décadas de actividade a prol da música, da cultura e do idioma de Galicia. Seguindo a súa estela, durante os últimos anos xurdiron en Galicia algúns coros de corte tradicional, entre os que se atopa Cantares do Brión (do Centro Cultural de Vincios), que ten as primeiras actuacións públicas en 2009 e que se constitúe formalmente o 7 de marzo de 2010. A súa presentación oficial celébrase o 22 de xaneiro de 2011, apadriñados polo coro Cántigas da Terra.
A proximidade desta data de presentación é a escollida para celebrar de hoxe en diante o que chamaremos "CANTARES NO MIÑOR. Encontro de Coros Tradicionais". Como o seu nome indica, este evento terá como marco a comarca do Val Miñor e por aquí pasarán, nos próximos anos, as agrupacións corais máis representativas de Galicia, sempre baixo o signo da tradición musical galega.