| Nova conferencia do Lean Manufacturing de Jesús Fernández Alonso: "Orde e limpeza 5S." |
|
O próximo xoves 9 de febreiro, ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título "Orde e limpeza "5S" |
| Presentación do libro "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", de Tucho Calvo. |
|
|
|
| Filoloxía e literatura - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
|
A obra Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX , nace a partir dunha entrevista de Tucho Calvo a Valentín Paz-Andrade a comezos dos anos oitenta, na súa casa de Pousa Nova do Mar, a carón da praia viguesa de Samil. Co fío dese faladoiro, o autor narra as vivencias de quen tivo unha presenza sobranceira non só na política galega, senón tamén na cultura e no mundo empresarial: viaxeiro incansable que mantivo vivas as relacións co exilio galego; poeta, avogado e xornalista que dirixiu nos anos vinte o diario Galicia e, deica a súa morte, a que hoxe é decana mundial das revistas do sector pesqueiro, Industrias Pesqueras; impulsor de Pescanova; técnico da F.A.O. que xa en 1960 alertou dos perigos do tema das 200 millas para as flotas españolas; perseguido e represaliado na posguerra; membro da "Comisión de los diez" que negociou a transición co Goberno da UCD e senador por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. O libro a presentar trátase dunha reedición, corrixida e aumentada, editado nesta ocasión por Biblos, a editorial que dirixe o propio Tucho Calvo. Enlaces de interese Valentín Paz-Andrade Biografía de Paz-Andrade feita por Isacc Díaz Pardo Álbum de imaxes de Paz-Andrade Bibliografía de Paz-Andrade Información do libro Editorial Biblos Artigo Faro de Vigo: "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", una biografía anticipatoria. Artigo La Voz de Galicia: Tucho Calvo reedita ou seu libro «Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX». Tucho Calvo Autobiografía de Tucho Calvo.
|