| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| Nova conferencia do Lean Manufacturing de Jesús Fernández Alonso: "Orde e limpeza 5S." |
|
|
|
| O IEM - destacados | |||
| Escrito por IEM | |||
|
O próximo xoves 9 de febreiro, ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título "Orde e limpeza "5S" Orde e Limpeza “5S” é unha das ferramentas mais básicas e fundamentais do LEAN MANUFACTURING. Consta de 5 etapas que en xaponés empezan pola letra “S”. Iniciouse en TOYOTA nos anos 60 co obxectivo de lograr lugares de traballo mellor organizados, mais ordenados e limpos para obter unha maior produtividade e un mellor entorno laboral. As 5S teñen unha ampla difusión e son numerosas as organizacións de diversa índole que o implantaron. É aplicable a empresas industriais, de servizos, hospitais, centros de ensino, asociacións, … Jesús Fernández Alonso, natural e veciño de Gondomar, é Enxeñeiro Industrial e realizou a especialidade en organización industrial. É tamén Técnico Superior en Riscos Laborais, especialidade de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Realizou tamén cursos de Loxística e é especialista en Lean Manufacturing, tema sobre o que hai uns meses pronunciou unha conferencia Realizou traballos para diversas empresas da área de Vigo e do Miñor e dende 2005 e responsable de produción e calidade de Figueiró Forjados (Nigrán). Ten publicado artigos na revista do Colexio de Enxeñeiros. O noso convidado será presentado por Miguel Ángel Alejos Castro, Vicepresidente da Asociación de Empresarios do Val Miñor.
|