Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Nova revista do IEM PDF Imprimir Correo-e
Publicacións do IEM - Revista do IEM
Escrito por IEM   
Amigos e amigas do IEM
Achegamos relación de traballos recollidos no novo número da Revista de Estudos Miñoranos:

*A prehistoria miñorá I: O paleolítico*, Eduardo Méndez Quintas

*O Outeiro dos Lameiros, o longo camiño da musealización, *Xosé Lois Vilar Pedreira e Eduardo Méndez Quintas
Ler máis...
 
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Victoriano Taibo
Escrito por IEM   
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo próximo, ao enderezo *Apartado 30, 36380, Gondomar*, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro.
Ler máis...
 
Xeira polos petróglifos de "A Porteliña da Corte" e "Portoval" PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Galería de imaxes
Escrito por Alvaro   

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

O pasado venres 17 de setembro realizouse  unha xeira nocturna polos petróglifos de "A Porteliña da Corte" (parroquia de Aguasantas - Cotobade) e Portoval  (barrio de Chielas,  parroquia de Valongo - Cotobade).  Xosé Lois Vilar (IEM) comezou cunha charla sobre a arte rupestre en Galicia que contextualizou o percorrido previsto. A continuación o grupo visitou os petróglifos xunto aos guías do IEM, Xilberte Manso, Eduardo Méndez e Xosé Lois Vilar.

 
Un músico miñorán: Germán Lago Durán. PDF Imprimir Correo-e
Arquivos - Audiovisual
Escrito por Alvaro   
Orquesta_IbricaO noso compañeiro Antonio Valverde Alonso  (IEM) achegounos unha xoia do director musical Germán Lago Durán, fillo adoptivo do Val de Miñor. Trátase dun conxunto de gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid: "un conjunto español de guitarras y laúdes único en el mundo", tal cal reza na portada do álbum.
Ler máis...
 
Unha fecunda idea PDF Imprimir Correo-e
Publicacións do IEM - Artigos
Escrito por Alvaro   
libros-memoria
Foi no 2003 cando dende o Instituto de Estudos Miñoranos promovemos o primeiro libro de fotografías acompañados de textos, foi Imaxes para a memoria. Daquela decatámonos de que un libro destas características tiña que xuntar deseño atractivo e calidade de impresión, xa que ademais do valor da salvagarda das imaxes debería converterse nun libro-obxecto, no mellor senso da expresión, nun libro agasallo, nun libro que espertase o desexo de conservalo para sempre. No 2004, realizamos, aumentando substancialmente o anterior, o dedicado a Baiona, que se rematou chamando Baiona, nas ondas do tempo. Ao ano seguinte veu o lume Gondomar, o son do río, de similar en extensión e concepción ao anterior.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 99