Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos
Skip to content
Artigos
Uxio-Breogán Diéguez, presenta un novo número da Revista de Historia Murguía no IEM. PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   

murguia-23


O próximo venres 11 de maio, ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) terá lugar a presentación dos números 23-24 da Revista de Historia Murguía que encetará unha nova xeira. Para falarnos destes anos de andaina e dos novos proxectos da Revista de Historia Murguía estará con nós o seu director Uxio-Breogán Diéguez Cequiel.
Ler máis...
 
Presentación da nova editorial Contos Estraños. PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   

Fernando Cimadevila e Tomás González

O Instituto de Estudos Miñoranos ten o pracer de convidarvos á conferencia de presentación da nova editorial Contos Estraños que terá lugar na nosa sede (Avda da Feira 10, baixo, Gondomar) o próximo xoves, 19 de abril, ás 20:30 horas.

Ler máis...
 
Estrea de CREBINSKY en Gondomar e faladoiro con Enrique Otero. PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   

crebinsky

CREBINSKY, o filme de Enrique Otero deixounos unha sensación esperanzadora: a crise económica non finou ao bo cine. Próximo a duascentas persoas tiveron o privilexio de comprobarllo na estrea da película en Gondomar o pasado sábado 14 de abril no Auditorio Municipal Lois Tobío. Por riba, gozaron dun faladoiro posterior co director da obra, onde ademais de decatarse dunha infinidade de anécdotas da produción e do rodaxe, informáronse de primeira man da realidade pola que atravesan os creadores da "sétimo arte" no país.
Ler máis...
 
Crónica dun ciclo que revelou que a Historia ten "un problema de xénero". PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   

carteliem


Se aínda quedaban dúbidas que a Historia ten un "problema de xénero", e o imaxinario social o reflexa cunha mirada mutilada de seu; o Ciclo "Mulleres na Historia" rematou por premer a alarma de que en pleno século XXI se descoñece o papel que xoga a muller na construción da nosa realidade. Unha TERTULIA, máis a presentación dunha novela, unha colección historiográfica e un documental, bastaron para consignar que o devandito diagnóstico xurde claro e interpela á tódolos eidos da investigación científica e a produción cultural.
Ler máis...
 
Remata o curso de formación de especialistas en Toponimia. PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   

949-d-curso_especialista_re

O curso desenvolveuse ao longo do mes de marzo en Vigo e Pontevedra e remata en Gondomar. As sesións finais desenvolveranse o venres 23, pola tarde, e o sábado, 24, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, entidade organizadora do curso xunto aos concellos de Vigo, Pontevedra e Ourense e coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Cultural e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 19