|
Ciclos conferencias e obradoiros -
Artigos
|
|
Escrito por Alvaro
|
Comeza GONDOMARDOCUMENTA, un ciclo de cine a desenvolverse dende o próximos xoves 5 ata o 26 de agosto na Praza do Centro de Saúde de Gondomar. A primeira película é Naipe de Sangue, unha mediametraxe de José Ballesta e Manxo Fernández.
O filme está enmarcado dentro dun proxecto documental en fase de produción sobre Marcial Lafuente Estefanía o célebre escritor de novelas do oeste. O exteriores do filme foron rodados, en parte, na Serra do Galiñeiro. Na proxección contaremos coa presenza de José Ballesta. A proxección será o xoves 5 a dez da noite, con entrada de balde e para todo público. O ciclo GONDOMARDOCUMENTA de cine documental é organizado polo IEM, a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Gondomar (ACHEGO), e coa colaboración do Concello de Gondomar.
|