Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Cando Gondomar se converteu no “Afastado Oeste”.
Skip to content
Cando Gondomar se converteu no “Afastado Oeste”. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por Alvaro   
GondomarCARTELnaipedesangue
naipe-sangue-bar-web
Lillie-atopa-a-Johnnyweb
naipe_sangue_a_caballo_web
Download this file (diptico A5 NAIPE.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte
Cando os directores José Ballesta e Manxo Fernández decidiron rodar Naipe de Sangue (unha mediametraxe de ficción) como parte do documental M.L. Estefanía. Galicia, máis Oeste que nunca (en fase de producción), atoparon na Serra do Galiñeiro o lugar ideal para galeguizar a mítica Serra de Sonora no Far West norteamericano.
Este primeiro "Grelos West", é unha aposta arriscada e intelixente que nos permitirá unha mirada distinta dos nosos lugares, así coma un percorrido pola lendaria literatura dos "cowboys", coa que o escritor Marcial Lafuente Estefanía (membro do exército republicano e establecido en Vigo) fixo gozar a moitas xeracións de mozos lectores.
A noite do próximo xoves 5 de agosto, preséntase como unha oportunidade única para compartir, na terra do rodaxe de Naipe de Sangue, o estreo miñorán desta historia de vaqueiros, bandoleiros e fermosas mulleres do bordel.
A cita é na praza do Centro de Saúde de Gondomar ás 22 horas, entrada de balde e para todo o público. Con esta produción, damos paso a primeira película do Ciclo Gondomar Documenta, organizado polo IEM e Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO) e que conta coa colaboración do Concello de Gondomar.
Podes descargar o pdf coa folla informativa da película.