Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Queda alguén aí?
Skip to content
Queda alguén aí? PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por Alvaro   
cartel-queda-alguen-ai-web
Download this file (cartel queda alguen ai.JPG)
Download this file (folleto A5 cine-1.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

"Pedroso é unha aldea de Ourense habitada por vellos, como en todo o rural do interior de Galicia. En Pedroso, onde o futuro e os mozos son pura anécdota, están todos ilusionados coa súa maior obra comunitaria: un tanatorio. Ao igual ca noutros moitos lugares da súa contorna, péchase escolas e abren tanatorios. Se non se pon remedio, neles axiña haberá que preguntar: Queda alguén aí? O tanatorio de pedroso levou case dous anos rematado pero sen estrear, porque –como dicían os veciños- despois de que estaba listo non aparecían voluntarios". Continua o ciclo GONDOMARDOCUMENTA, organizado polo IEM e ACHEGO coa colaboración do Cancello de Gondomar. O próximo martes, 10 de agosto, ás 22h. na Praza do Centro de Saúde de Gondomar, proxectarase o documental de Rafael Cid  Queda alguén aí?. Achegamos cartel e folla coa ficha técnica e a mellor sinopse posible que fixo o mesmo director neste artigo da Voz de Galicia.

Sinopse: "En Pedroso hai 50 persoas, un par de vacas, algúns cans e tres rapaces. As persoas, todas xubiladas ou case, estando cos petos satisfeitos polas pensións, ingresos frescos polos pinos que lles cortaron do monte e tendo a aldea data próxima de caducidade, idearon un proxecto de futuro: construír un tanatorio. E fixeron o seu particular Escorial, para envexa das aldeas veciñas. "Leva todo o regulamentario: frío para onde está o cadáver e todo", presumen. Se todos quixemos ter un parque empresarial, aínda que sen empresas, e unha universidade, aínda que cada vez con menos alumnos, ao pé da casa, por que non ter un tanatorio? Por iso, dúas aldeas da Limia distantes entre si medio quilómetro construíron cada un seu. Por iso, catro de Monterrei con compensas millonarias por un parque eólico fixeron o mesmo. "Xa está ben de facer polideportivos (e bibliotecas). Nós tamén queremos as nosas comodidades", replican os maiores. Quen vai por orde nesto? Os tres únicos rapaces de Pedroso morren pero de aburrimento por non ter un sitio onde reunirse e xogar, mentres o tanatorio domina as súas vidas, malia que lles pese."Logo quéixanse de que marchemos de aquí. Que imos facer?". Queren que alguén lles dea resposta. Na Galicia rural, na que o futuro e a mocidade son pura anécdota, hai moitos /pedrosos /nos que as escolas están pechadas e se abren tanatorios. En só trinta anos perdeuse o 80% da poboación escolar e, a este paso, sen os rapaces, noutros trinta non quedará nada, prognostican algúns. Neses lugares pronto haberá que preguntar: queda alguén aí? Burla ou non ao destino dado a 114.000 euros, un ano e medio despois de construído, o tanatorio de Pedroso aínda non se estreou porque non morreu ningún veciño.
Buscan voluntarios."