O IEM inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
O Ciclo de Cine Gondomar Documenta rematou coa exhibición da película Galegos Universais de Lukas Santiago. O proxecto realizouse durante catro semanas e congregou a espectadores de todo o Val de Miñor e as comarcas veciñas. A organización estivo a cargo do IEM e a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO), e contou coa colaboración do Concello de Gondomar.