| O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo. |
|
A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
|
| Xornada divulgativa "Conservación de Especies Ameazadas" no Parador de Baiona. |
|
|
|
| Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
| Mércores, 21 Setembro 2011 19:49 | |||
|
Este venres 23 de setembro a partir das 16 horas terá lugar unha nova xornada divulgativa organizada polo Grupo de Acción Costeira 7. Nesta ocasión os relatorios estarán a cargo de diversos especialistas na conservación de especies mariñas, achegados dende distintos puntos da península . Entre as palestras anunciadas atópase "A situación das especies mariñas ameazadas en Galicia" a cargo do biólogo Alfredo López Fernández(IEM) en representación da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
Os interesados en asistir deberán facer a súa reserva ao teléfono 646873106 o no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
|