| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| Tokio presenta a súa Cabana de Balieiros na Aula de Cultura Ponte de Rosas |
|
|
|
| Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
|
O próximo xoves 13 de outubro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a presentación do libro de Banda Deseñada, Cabana de Baleiros do que é autor Tokio (nome artístico de Alfredo López), veciño de Gondomar e membro do Instituto de Estudos Miñoranos. Tokio é un dos debuxantes pioneiros da BD galega durante os anos oitenta, daquela comezou publicando nos fanzines de Vigo (Castrellis, Katarsis, Coyote), despois publicou humor gráfico na Peneira, Faro de Vigo, El Correo Gallego e A Nosa Terra. Traballou como ilustrador científico e como biólogo mariño, actividade que aínda desenvolve. Agora volve á novena arte cunha obra editada por Demo Editorial: Cabana de Balieiros unha obra de intriga ambientada nunha vila mariñeira de finais do século XIX. Cabana de Balieiros é unha vila imaxinaria, inspirada en varias localidades da Costa da Morte, nos tempos en que os barcos aínda navegaban coa forza do vento. Esta vila é das que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco, chamado Telmo, chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que se descubre coas historias que fermentan na terra, fillas do salgado vento que trae o mar. Alí atopa a Céltia, unha muller herdeira de todas as sereas que na historia houberon. Ambos son testemuñas dos dramáticos acontecementos que acontecen nunha terra de costumes ancestrais, onde os instintos humanos marcan o ritmo da vida, xeran o destino dos seus habitantes e levan a algúns ao naufraxio da súa propia alma. Unha historia que nos achega ao contexto social da Galiza do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro. No estará presente, ademais do autor, o debuxante e deseñador Pepe Carreiro que realizará a presentación da nova obra de Alfredo López (Tokio)
|