Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Presentación do concerto de Xardín Desordenado na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Skip to content
Presentación do concerto de Xardín Desordenado na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por Alvaro   
Mércores, 21 Marzo 2012 20:13
rolda-prensa-xardin-desorde
Get Adobe Flash Player here
Get Adobe Flash Player here
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar organiza un concerto de Xardín Desordenado dentro do periplo que este grupo está levando a cabo para promocionar a súa última gravación.
Na roda de prensa de presentación do concerto estiveron presentes Santiago Ferragud (guitarra voz e compositor), o director da Sección de Lingua e Literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño e o concelleiro de Cultura de Gondomar, Ignacio Troncoso.
Santiago Ferragud indicou que: "o disco pretende render unha homenaxe á poesía galega. Nel recóllense dezaseis poemas musicados, que, pola variedade xeracional e estilística, poden constituír unha mostraxe significativa dos poetas contemporáneos".
Pola súa banda o concelleiro de Cultura de Gondomar, Ignacio Troncoso salientou que "a importancia das obras seleccionadas e a calidade dos músicos confírenlle a este concerto os ingredientes necesarios para asegurar o seu éxito, como confirma a boa acollida que está tendo noutros lugares de Galicia". Destacou ademais, "a dimensión didáctica que o converten nun medio eficaz para iniciarse, particularmente mozos e mozas, no gusto pola poesía".
concerto terá lugar o próximo venres 23 de marzo, ás 20:30h. no Auditorio "Lois Tobío" de Gondomar e a súa entrada é libre ata o límite de aforo.
Presentación do concerto de Xardín Desordenado
Presentación do novo disco de Xardín Desordenado