A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
CREBINSKY, o filme de Enrique Otero deixounos unha sensación esperanzadora: a crise económica non finou ao bo cine. Próximo a duascentas persoas tiveron o privilexio de comprobarllo na estrea da película en Gondomar o pasado sábado 14 de abril no Auditorio Municipal Lois Tobío. Por riba, gozaron dun faladoiro posterior co director da obra, onde ademais de decatarse dunha infinidade de anécdotas da produción e do rodaxe, informáronse de primeira man da realidade pola que atravesan os creadores da "sétimo arte" no país.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
O acto, organizado polo IEM coa colaboración do Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Cultura, comezou cunha breve presentación da película e do seu director por parte do mestre Miguel Anxo Mouriño.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Logo da exhibición, Enrique Otero convidou aos asistentes a dar a súa opinión e expresar as impresión que a película lles provocara. O faladoiro rematou nun diálogo enriquecedor que provocou que o director do filme agradecera aos organizadores por la iniciativa e a oportunidade deste encontro cara a cara co público.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!