| Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor. |
|
-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas. -Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión. |
| Presentación da nova editorial Contos Estraños. |
|
|
|
| Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
| Martes, 17 Abril 2012 20:59 | |||
|
O Instituto de Estudos Miñoranos ten o pracer de convidarvos á conferencia de presentación da nova editorial Contos Estraños que terá lugar na nosa sede (Avda da Feira 10, baixo, Gondomar) o próximo xoves, 19 de abril, ás 20:30 horas.
O seus promotores Tomás González Ahola e Fernando M. Cimadevila teñen moitas cousas en común; ambos os dous son mozos con inquietudes culturais, ambos os dous son músicos, ambos os dous son escritores, ambos os dous son editores e ambos os dous se senten engaiolados polas literaturas “distintas”. Por iso coincidiron nun tempo recente nun proxecto musical e por iso coinciden agora nun proxecto editorial atraente e ambicioso. Despois de que Tomás puxese en marcha Urco Editora, un proxecto valente e atrevido, tanto como interesante e necesario para encher un baleiro no sistema literario galego, decidiron, xuntos, pór a andar a editorial Contos Estraños inspirada na revista “pulp” americana do mesmo nome (Weird Tales) de grande éxito na primeira metade do século pasado. Empresarios, pois, novos, valentes, galegos e galeguistas que van compartir con nós parte das súas inquedanzas. Podedes ver un artigo publicado en El País sobre os nosos invitados e os seus proxectos: http://www.box.com/s/6bfe90a710de1b0059f1. Os convidados serán presentados polo director da Sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño.
|