| O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo. |
|
A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
|
| Terceiro faladoiro sobre o Lean Manufacturing do enxeñeiro industrial Jesús Fernández Alonso. |
|
|
|
| Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos | |||
| Escrito por IEM | |||
| Martes, 05 Xuño 2012 20:33 | |||
|
O próximo venres 8 de xuño, ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título "Lean Manufacturing: Dúas ferramentas básicas para mellorar as empresas: Traballo en Equipo e Estandarización." O faladoiro intentará responder á pregunta" Por que hai empresas ou sectores que a pesar da crise resisten mellor que outras?" Lean Manufacturing é un sistema de fabricación desenvolvido por Taiichi Ohno, director e consultor de Toyota (Xapón) a finais da 2ª Guerra Mundial para eliminar o malgasto nas empresas con escaso investimento. Este tipo de ferramentas son útiles para calquera tipo de empresa: fabrís, de servizos, administración, é dicir, fábricas, negocios, bares, hospitais, concellos, ... Jesús Fernández Alonso, natural e veciño de Gondomar, é Enxeñeiro Industrial e realizou a especialidade en organización industrial. É tamén Técnico Superior en Riscos Laborais, especialidade de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Realizou tamén cursos de Loxística e é especialista en Lean Manufacturing, tema sobre o que leva pronunciadas dúas conferencias no IEM. Realizou traballos para diversas empresas da área de Vigo e do Miñor e dende 2005 e responsable de produción e calidade de Figueiró Forjados (Nigrán). Ten publicado artigos na revista do Colexio de Enxeñeiros. O faladoiro será presentado por Alfredo Rodríguez.
|