Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Vilvaldi, Mozart e Beethoven no Pazo do Conde de Gondomar.
Skip to content
Vilvaldi, Mozart e Beethoven no Pazo do Conde de Gondomar. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 10 Agosto 2012 21:19
pazo-do-conde

Unha audición dirixida polo especialista Manuel López Benito congregará unha escolma de pezas creadas polos grandes mestres da música clásica no Patio de Armas do Pazo do Conde de Gondomar. A actividade organizada polo IEM en colaboración coa iniciativa Escenarios Musicales e o Concello de Gondomar, terá lugar este luns 13 de agosto ás 20.30. Entrada gratuíta.

 ESCENARIOS MUSICALES é unha iniciativa cultural enfocada á divulgación da Música Clásica. O seu proxecto é contextualizar a escoita das grandes obras a través de audicións fóra das grandes salas de concerto ou dos teatros da ópera. Á súa vez leva a música a escenarios onde, pola súa importancia histórica, artística ou simplemente lúdica, consigan que ao pracer de escoitala se una o deleite e a emoción que os devanditos espazos provocan.

Desa maridaxe espazo‐musical nacen xermolos marabillosos. Así esperamos que aconteza nesta velada no precioso Pazo do Conde de Gondomar.

Preme aquí para descargar o programa da audición.