O IEM inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta.
Un repaso ao século XX en Galicia a través da mirada de Valentín Paz-Andrade é o que nos propuxo o escritor Tucho Calvo na presentación do seu libro. A obra convida a unha percorrida pola vida do persoeiro ao que a Real Academia Galega decidiu outorgarlle o Día das Letras Galegas 2012. Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX , foi definido como "un libro contra a marxinación e o esquecemento" deste loitador polifacético, en palabras de Tucho Calvo.
O mestre e escritor Miguel Anxo Mouriño (IEM), escribiu esta Historia dun desacougo, a partir dunha selección de versos de Celso Emilio Ferreiro. O poema integrou posteriormente o poemario Camariña: sete cruces e unha esperanza (1990). No centenario do escritor nado en Celanova, convidamos á lectura desta composición dobremente fermosa, pola verbas de Celso Emilio e a acertada compaxinación de Miguel Anxo.
Achegamos o resumo das Actas do CongresoEmigración e Educación (1900-1936) I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009), publicado no Boletín Nº 45 da Sociedade Española de Historia da Educación (SEDHE). Prema aquí.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Achegamos o recital poético de Acuática alma (Espiral Maior, 2011), da escritora Marta Dacosta. Trátase do sexto poemario da autora. O libro foi presentado o día 29 na aula Ponte de Rosas do Instituto de Estudos Miñoranos. No acto de presentación participaron o poeta Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior, e o escritor e director da sección de Lingua e literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño, así como a propia autora.