|
Filoloxía e literatura -
Artigos
|
|
Escrito por Alvaro
|
|

"Que acontece co fantástico e o grotesco, co terror e a anticipación, co abraiante e o estarrecedor?" A literatura galega "está a mudar", afirman Fernando Cimadevila e Tomás González, dous novos editores convencidos de que os xéneros emerxentes deben medrar para que a oferta editorial do país non perda poder de sedución ante os lectores. Para iso crearon Contos Estraños, unha editorial que ten por primeira obra un libro de igual título onde unha ducia de escritores dos mal chamados "xéneros menores", achegaron contos, dous esbozos de novela e unha tradución ao galego dun escritor clásico da literatura pulp, Robert Herwin Howard.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Filoloxía e literatura -
Artigos
|
|
Escrito por IEM
|
|

Un repaso ao século XX en Galicia a través da mirada de Valentín Paz-Andrade é o que nos propuxo o escritor Tucho Calvo na presentación do seu libro. A obra convida a unha percorrida pola vida do persoeiro ao que a Real Academia Galega decidiu outorgarlle o Día das Letras Galegas 2012. Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX , foi definido como "un libro contra a marxinación e o esquecemento" deste loitador polifacético, en palabras de Tucho Calvo.
|
|
Ler máis...
|
|
Filoloxía e literatura -
Artigos
|
|
Escrito por IEM
|
|

O IEM inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta.
|
|
Ler máis...
|
|
Filoloxía e literatura -
Artigos
|
|
Escrito por IEM
|
|

O mestre e escritor Miguel Anxo Mouriño (IEM), escribiu esta Historia dun desacougo, a partir dunha selección de versos de Celso Emilio Ferreiro. O poema integrou posteriormente o poemario Camariña: sete cruces e unha esperanza (1990). No centenario do escritor nado en Celanova, convidamos á lectura desta composición dobremente fermosa, pola verbas de Celso Emilio e a acertada compaxinación de Miguel Anxo.
|
|
Ler máis...
|
|
Filoloxía e literatura -
Artigos
|
|
Escrito por IEM
|
|

Achegamos o resumo das Actas do CongresoEmigración e Educación (1900-1936) I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009), publicado no Boletín Nº 45 da Sociedade Española de Historia da Educación (SEDHE). Prema aquí. |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 4 |