Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Entrega de premios do IX Certame Literario Diego Sarmiento de Acuña.
Skip to content
Entrega de premios do IX Certame Literario Diego Sarmiento de Acuña. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por Miguel Anxo Mouriño   
luis-tobio

O día 20, ás 10 da mañá, o auditorio municipal Lois Tobio, de Gondomar, acolleu os alumnos de terceiro ciclo dos colexios CEIP Souto – Donas e CEP Xosé Neira Vilas, de Peitieiros, invitados pola concellería de Educación, que dispuxo autobuses para o seu traslado, a participar na entrega de premios do IX Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña como centros que achegaron maior número de participantes no devandito concurso.

Ao comezar o acto, a poeta Marta Dacosta deulles a benvida, amosoulles nunhas poucas pinceladas a importancia do personaxe que lle dá nome ao certame e salientou a necesidade de coidar e cultivar con cariño esta nosa lingua tan querida, tamén, para o primeiro conde.

A continuación leu a acta do xurado, composto por Concha Costas, Anxo Ratel, Marga Vázquez (modalidade de poesía), Juan Cruz, Aida Costas e Antonio Valverde (modalidade de narración), que acordou conceder os seguintes premios:

Tres primeiros premios (vale de Achego de 150 €), na modalidade de poesía, ás seguintes obras e autores:

  • A Primavera. Lucía Álvarez Cacheiro. C.E.I.P. Souto – Donas.
  • A Cascuda. Anxo Iglesias Núñez. C.E.I.P. Souto – Donas.
  • Os Tronos. Edu Rodríguez Lago. C.E.P. Xosé Neira Vilas. Peitieiros.

Primeiro premio (vale de Achego de 150 €) de narrativa á seguinte obra e autora:

  • Sentimentos de Cristal. Xiana Vilar Estévez. C.E.I.P. da Cruz. Camos.

Premio ((vale de Achego de 250 €) por maior participación e calidade ao colexio CEIP Souto – Donas.

Logo deulle paso ao contacontos Mario Tomás, persoa vinculada ao teatro cunha longa traxectoria profesional, que engaiolou os rapaces coa súa actuación dividida en dúas partes. No medio delas, os premiados leron as súas obras e, a seguir, a concelleira dirixiulle unhas palabras aos participantes e procedeu a entregar os premios devanditos e os diplomas acreditativos do galardón conseguido. Tanto os premiados como os demais concursantes recibiron unha “taza” conmemorativa do certame co nome de cada un.

Rematado o acto, os rapaces puideron degustar trenzas de rosca acompañadas de refrescos ata que os autobuses os devolveron ás súas aulas.