Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Obsequio de Nadal para os amigos e amigas do IEM.
Skip to content
Obsequio de Nadal para os amigos e amigas do IEM. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
17-Nadal-Taibo-1

Con motivo destas datas de Nadal compartimos cos todos os amigos do IEM esta Armonía do Nadal composta polo mestre de Morgadáns Victoriano Taibo no ano 1955. Conta o noso compañeiro Miguel Anxo Mouriño que Taibo participou no costume de enviar felicitacións de Nadal con tarxetas, dípticos ou opúsculos de autoría propia, co apoio doutros artistas amigos. Estas felicitacións chamáronse xenericamente nadais.

Rescatada e transcrita por Mouriño, a reproducimos parcialmente e achegamos unha copia do orixinal. Armonías do Nadal, así coa grafía en castelá, foi publicada un ano despois pola revista Vida Gallega. O debuxo é do tamén pintor e ilustrador Xohán Ledo, pseudónimo de Ricardo García Suárez, médico de profesión.

Prema aquí para descargar unha copia da edición orixinal 

Armonías do Nadal (Victoriano Taibo, 1955) - Transcrición de Miguel Anxo Mouriño (IEM)

Alédate, alma, pois inda que hai neve

falto de lus, sorriso é o camiño;

e se o malvís non canta, a ponla espida

gard’ô trino que foi nas xemas novas.

Das olladas da lúa desprendéronse,

nun roxire de amor tremelocente,

as ferreñas que fremen pol-a altura

pestanexando ledas, porque os mozos

dinnos a panxoliña, e o corazón,

balando lenemente, é como un año

no còlo d’un pastor, en dòce oferta.

Non olles cara ô chan i o souto núo,

onde a neve se enlorda c’a enxurrada

No boscaxe do ceo, suidade e estrelas,

nun revoo de groria, hai niños de anxos

sempre a lembrarnos -¡leda primaveira!-

a cantiga de paz p’ra andar estradas.

Axiña chegaremos -¡alma, alédate!-

trasvirados de lus e de armonía,

â terra de David c’a enxebre oferta,

neste aceno eternal que por nòs chama

i este balbor de gaitas e de anxos,

regueiro manseliño.

Imonos, alma, e caian os meus ollos,

como chovisca de suidades ledas,

no bèrce humilde de Xesús Meniño

 

1.955V.Taibo