Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Recital Poético de "Acuática alma" na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Skip to content
Recital Poético de "Acuática alma" na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por Alvaro   
Get Adobe Flash Player here

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Achegamos o recital poético de Acuática alma (Espiral Maior, 2011), da escritora Marta Dacosta. Trátase do sexto poemario da autora. O libro foi presentado o día 29 na aula Ponte de Rosas do Instituto de Estudos Miñoranos. No acto de presentación participaron o poeta Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior, e o escritor e director da sección de Lingua e literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño, así como a propia autora.
Acuática alma consta de catro partes precedidas dun poema-metamorfose e finaliza co poema longo Adartia, unha reelaboración da deusa céltica en contraposición á personaxe de Homero, Nausícaa
Miguel Anxo Fernán Vello destacou que estamos ante un libro de madurez, no que cabe salientar o simbolismo da auga, que emana xa do propio título, onde o fonosimbolismo actúa como porta de entrada a un libro en que o ritmo e o valor fonético das palabras teñen un papel destacado.
Miguel Anxo Mouriño sinalou que o poemario trata da inxustiza, xa sexa pola morte inesperada, a violencia contra as mulleres ou a das agresións á natureza e aos seres vivos. Mouriño presentou á autora como unha persoa comprometida co seu tempo, coa nosa lingua e coa nosa literatura.
O acto de presentación rematou cun recital no que a autora estivo acompañada de Duna Corredoira e Aldán López, dous actores novos que forman parte da Escola de Teatro de Gondomar, Pritis guomins.
Este sábado 31 de decembro, desde as 12 e até as 13:30 horas, a escritora Marta Dacosta asinará exemplares do seu libro Acuática alma na librería Libraida de Godomar.
Obra poética de Marta Dacosta: Crear o mar en Compostela (1994, 2004) premio de poesía O Grelo, Pel de ameixa (1996) premio de poesía González Garcés, Setembro (1998) premio de poesía Martín Códax, En atalaia alerta (2000) accésit do premio de poesía Esquío e As Amantes de Hamlet, (2003). A súa obra está recollida en diversas antoloxías e foi traducida ao ruso, ao catalán ou ao español. Publicou o libro de viaxes Baixo Miño, 2009, e o folleto Un mar de mulleres, libro para a exposición do mesmo título, 2011. Autora de varios artigos sobre terminoloxía da natureza ou toponimia relacionada cos mamíferos mariños, investigou sobre a sintaxe do galego medieval: A coordinación no galego medieval (tese de licenciatura inédita). A súa reflexión literaria céntrase no papel da muller escritora, na súa xeración ou no significado simbólico do mar na poesía galega e ten analizado a obra de autores como Manuel María, Victoriano Taibo ou Méndez Ferrín, sobre o que publicou a guía de lectura: Análise práctica de Con pólvora e magnolias, X. L. Méndez Ferrín. Desde 2004 colabora con diferentes medios de comunicación.