Coincidindo coa inauguración (10 de setembro de 2010) da exposición "MATERIAL METÁFORA" terá lugar a presentación do libro Cántico dos poemas esdrúxulos de PEPE CÁCCAMO, editado por Espiral Maior nunha edición limitada de 100 exemplares con ilustracións do autor.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
O Ciclo de Cine Gondomar Documenta rematou coa exhibición da película Galegos Universais de Lukas Santiago. O proxecto realizouse durante catro semanas e congregou a espectadores de todo o Val de Miñor e as comarcas veciñas. A organización estivo a cargo do IEM e a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO), e contou coa colaboración do Concello de Gondomar.