|
Escrito por IEM
|
|
Martes, 07 Maio 2013 21:08 |
|

O domingo 12 de maio, no Galiñeiro, terá lugar a III Romaría da Touba do Brión a partir das 10:30 horas. O monte non ten cancelas. Andaina até a Touba, con sorpresa e cancións. Despois, xantar na herba, cada quen o seu, que é de toda a xente. Con mantelo de cadros, he! |
|
Escrito por IEM
|
|
Xoves, 02 Maio 2013 12:15 |
|

-As rutas etnográficas e arqueolóxicas da parroquia de Couso xa están dispoñibles en Internet.
O vindeiro sábado 4 de maio a partir das 17 horas, os alumnos do CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), participarán dunha andaina polos xacementos arqueolóxicos localizados en terras da Comunidade de Montes de Couso. Coa guía dos especialistas do Instituto de Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar e mais o profesor Xilberte Manso, percorrerán unha ruta que permite visitar as pegadas da prehistoria miñorana, entre mámoas, petróglifos e castros diseminados ao longo do monte.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por IEM
|
|
Martes, 07 Maio 2013 20:31 |
|
Formas de matar, unha historia de actualidade que nos deixa X.M. Rivas na undécima entrega das Colaboracións Literarias. X. M. Rivas é profesor xubilado, membro do IEM e tradutor. Algúns dos seus traballos atópanse na páxina web www.bivir.com .
Preme aquí para descargar o relato |
|
Escrito por IEM
|
|
Martes, 30 Abril 2013 19:00 |
|

CONVOCATORIA ANO 2013
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por IEM
|
|
Luns, 06 Maio 2013 19:04 |
|

Este venres, 10 de maio, TERTULIA do IEM co escritor, fotógrafo e profesor, Vítor Vaqueiro Foxo, co título "Fotografía, verdade, verosimilitude". O convidado será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
, ata o xoves 9 de maio ás 22 horas.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alvaro
|
|
Martes, 30 Abril 2013 18:28 |
Nesta décima achega das Colaboracións Literarias presentamos dous poemas de María Goretti Fariña, gañadora do III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Para descargar o texto preme aquí. |
|