Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo.
A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
Está en:  Inicio
Skip to content
Colaboracións Literarias: “Sentidos”, de Paco Álvarez Senra
Escrito por IEM   
Martes, 14 Maio 2013 18:10

Paco Álvarez de Senra é o autor de Sentidos, unha construción poética sedutora que acende todos os sentidos do lector. Preme aquí para descargar o texto.

 
Colaboracións Literarias: “Formas de matar”, por X.M. Rivas.
Escrito por IEM   
Martes, 07 Maio 2013 20:31

Formas de matar, unha historia de actualidade que nos deixa X.M. Rivas na undécima entrega das Colaboracións Literarias. X. M. Rivas é profesor xubilado, membro do IEM e tradutor. Algúns dos seus traballos atópanse na páxina web  www.bivir.com .

Preme aquí para descargar o relato
 
Celebración do Día das Letras Galegas no Val Miñor.
Escrito por Alvaro   
Luns, 13 Maio 2013 19:16

vidal-bolanho

O Instituto de Estudos Miñoranos hónrase en presentar o día 17 de maio ás 19:00 horas, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, un espectáculo de base teatral co que pretendemos renderlle unha merecida homenaxe a Roberto Vidal Bolaño a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Dada a consideración universal do noso persoeiro como peza fundamental (e, mesmo, fundacional) da dramaturxia galega quixemos que este acto estivese integrado na súa totalidade por persoas vinculadas ao mundo  do teatro e por iso os diversos grupos que operan no Val Miñor (Vichelocrego, Bertorella, Tranghallada, Non si? Teatro e Escola de Teatro da OMIX) aceptaron o reto de desenvolver integramente esta actividade dramática organizada polo IEM coa colaboración da concellería de Cultura do Concello de Gondomar.

Ler máis...
 
TERTULIA do IEM con Vítor Vaqueiro Foxo.
Escrito por IEM   
Luns, 06 Maio 2013 19:04

vitor_vaqueiro_copia

Este venres, 10 de maio, TERTULIA do IEM co escritor, fotógrafo e profesor, Vítor Vaqueiro Foxo, co título "Fotografía, verdade, verosimilitude". O convidado será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ata o xoves 9 de maio ás 22 horas.

Ler máis...
 
Domingo 12 de maio, III Romaría da Touba do Brión na Serra do Galiñeiro.
Escrito por IEM   
Martes, 07 Maio 2013 21:08

romariaIII

O domingo 12 de maio, no Galiñeiro, terá lugar a III Romaría da Touba do Brión a partir das 10:30 horas. O monte non ten cancelas. Andaina até a Touba, con sorpresa e cancións. Despois, xantar na herba, cada quen o seu, que é de toda a xente. Con mantelo de cadros, he!

 
Xeira arqueolóxica cos alumnos do CEIP Chano Piñeiro nos montes de Couso
Escrito por IEM   
Xoves, 02 Maio 2013 12:15

sobral

-As rutas etnográficas e arqueolóxicas da parroquia de Couso xa están dispoñibles en Internet.

O vindeiro sábado 4 de maio a partir das 17 horas, os alumnos do CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), participarán dunha andaina polos xacementos arqueolóxicos localizados en terras da Comunidade de Montes de Couso. Coa guía dos especialistas do Instituto de Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar e mais o profesor Xilberte Manso, percorrerán unha ruta que permite visitar as pegadas da prehistoria miñorana, entre mámoas, petróglifos e castros diseminados ao longo do monte.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 120