Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Está en:  Inicio
Skip to content
Fin de semana con Cunqueiro
Escrito por IEM   
Luns, 04 Marzo 2013 22:05
alvaro-cunqueiro
Os vindeiros venres 8 de marzo e sábado 9 terán lugar dúas actividades vencelladas á figura de Álvaro Cunqueiro.
Ler máis...
 
Colaboracións Literarias, novo espazo para alimentar o espírito dos letraferidos.
Escrito por Miguel Anxo Mouriño   
Martes, 26 Febreiro 2013 10:30

acrilica

A sección de Lingua e Literatura vén desenvolvendo diversas actividades, algunhas periodicamente e outras (as máis) cada vez que hai un evento, unha efeméride, unha oportunidade que aconsella a súa actuación. Posteriormente, a web do IEM recolle e ordena os datos necesarios para dar noticia de cada acto con material escrito e gravado, co que se vai creando un corpus importante con afán divulgativo. A vocación literaria da sección, a de achegar máxicos grans de area telúrica na tarefa de alimentar o espírito dos letraferidos, quedaba reservada só aos propios actos culturais. Estas consideracións desembocaron nun primeiro intento de servir aquela vocación e creouse a subsección chamada Textos Literarios que rescataba este tipo de escritos que foran xa publicados nas revistas do IEM. Parecía unha actuación interesante pero insuficiente para colmar as aspiracións que nos inspiraban e, recentemente, decidimos a creación dun novo apartado con material literario máis variado e dinámico, resultado da colaboración desinterasada de tantas persoas que nos ollan cun sentimento de simpatía formando unha especie de contorna afectivo-cultural do Instituto.

Ler máis...
 
A Universidade de Vigo rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego no seu centenario.
Escrito por IEM   
Venres, 01 Marzo 2013 19:51

Paco-del-Riego

O vindeiro luns 4 de marzo a Universidade de Vigo procederá ao descubrimento dunha placa ao pé do pradairo plantado en 2010 na honra de Don Paco del Riego, nos xardíns do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI) . O acto terá lugar ás 12 horas e contará coas intervencións do vicerreitor Xosé Henrique Costas e o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz, quen lembrarán a figura do intelectual galeguista, e tamén 1º Doutor Honoris Causa do centro universitario.
Ler máis...
 
Gondomar acolle a presentación do libro “Un percorrido pola historia do Val Miñor”.
Escrito por IEM   
Luns, 25 Febreiro 2013 13:11

DSC01337-A obra recolle a lembranza da comarca do Val Miñor a través dun percorrido pola súa historia

A Aula de Cultura Ponte de Rosas acolleu na tarde do venres a presentación do libro Un percorrido pola historia do Val Miñor de Carmen Pérez Pérez.

Ler máis...
 
Nova TERTULIA do IEM: Mesa sobre Agricultura Ecolóxica.
Escrito por IEM   
Martes, 26 Febreiro 2013 23:33

agricultura_ecologica

César Lema (biólogo especializado en agricultura e permacultura) e Roberto Álvarez (Facenda O Agro) analizarán a realidade da agricultura ecolóxica así como as súas perspectivas no que será o quinto faladoiro das TERTULIAS do IEM da tempada 2012-2013. O acto terá lugar este venres 1 de marzo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo, Gondomar). Os convidados serán presentados por Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM.
Ler máis...
 
Todas con Rosalía
Escrito por IEM   
Sábado, 23 Febreiro 2013 00:40

rosalia-rocio

Presentamos o documental “Todas con Rosalía” que estase a proxectar por todo o país con motivos do Día de Rosalía de Castro.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 116