|
Escrito por IEM
|
|
Xoves, 21 Febreiro 2013 22:55 |
|

O IEM fai un convite a tódalas gaiteiras e gaiteiros da bisbarra para que se unan á "Alborada para Rosalía de Castro" que terá lugar o vindeiro domingo 24 de agosto. Ao igual que no resto do pais, os músicos do Val Miñor están chamados a concentrarse en distintos puntos das vilas e parroquias ao longo do día para agasallar cos seus toques a memoria e obra de Rosalía.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por IEM
|
|
Sábado, 16 Febreiro 2013 23:47 |
|

O Instituto de Estudos Miñoranos saúda a iniciativa da ALBORADA PARA ROSALÍA convocada pola Fundación Rosalía de Castro, a Asociación de Gaiteiros Galegos, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, e invita a gaiteiros e gaiteiras, grupos de música tradicional a participar o domingo, 24 de febreiro, nesta xornada de homenaxe á nosa poeta nacional, con motivo de celebrarse os 176 anos do seu nacemento e no ano en que se cumpren os 150 da publicación de Cantares Gallegos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por IEM
|
|
Martes, 19 Febreiro 2013 23:47 |
|

- O Concello de Gondomar convoca a XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar - Poderán participar todos os mozos/as do Val Miñor que teñan entre 10 e 20 anos -O certame conta co apoio do Instituto de Estudos Miñoranos e a Deputación de Pontevedra.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por IEM
|
|
Sábado, 16 Febreiro 2013 22:32 |
|

Cóntanos Enrique Touriño que o proxecto TERRA INCÓGNITA nace dun xeito espontáneo e sorprendente, xa que nunca previu sacar a luz a súa particular forma de ver o entorno onde mora: o Val Miñor. As fotografías de gran formato que integran estra mostra -inaugurada este venres 15 de febreiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas- foron capturadas durante os seus paseos polos montes da Serra da Groba, o Galiñeiro e outros paraxes da bisbarra. A exposición trátase sen dúbida dunha "selección cun innegable aire de familia", como ben observou Antonio Soliño Troncoso, durante a presentación da mesma.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por IEM
|
|
Martes, 19 Febreiro 2013 23:10 |
|

O vindeiro venres 22 de febreiro de 2013 ás 20 horas terá lugar a presentación do libro Un percorrido pola historia do Val Miñor, de Carmen Pérez Pérez. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, Nº 10 baixo, Gondomar).
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por IEM
|
|
Xoves, 14 Febreiro 2013 00:01 |
|

Xa está dispoñible o segundo número da revista dixital "Xproject". Unha iniciativa con base no Val Miñor, onde conflúen artistas e profesionais do mundo da enoloxía e o ocio baixo o fío da fotografía como nexo común. Este novo número, inclúe unha reportaxe con textos e fotografías do noso compañeiro Bruno Centelles titulado "Petróglifos: imaxes gravadas na pedra". A revista pódese descargar gratuitamente no seguinte enlace: Xproject
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 10 de 116 |