A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
O xoves 17 de marzo proxectarse Anxo Azul, a primeira película do ciclo de cine "Lois Tobío na República de Weimar", na Aula de Cultura Ponte de Rosas a partir das 20 horas.
Ficha Técnica
O Anxo Azul Der blaue Engel. Alemaña, 1930, 109 min
Director: Josef von Sternberg
Guión: Karl Zuckmayer, Karl Vollmuller, Robert Liebmann (segundo a novela de Heinrich Mann)
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Fundación Vicente Risco, coa colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo, organizan o ciclo de cinema "LOIS TOBÍO NA REPÚBLICA DE WEIMAR".
O vindeiro domingo 20 de marzo, as asociacións S.O.S. Groba, Instituto de Estudos Miñoranos e Verdegaia organizarán un novo roteiro do programa de roteiros mensuais de Verdegaia "Vai de roteiros!" pola Serra da Groba, a serra mareira máis meridional da Galiza.
O pasado venres 11 de marzo, o IEM celebrou unha máis das tradicionais TERTULIAS, esta vez o convidado foi o humarista Xosé Lois "O Carrabouxo". O falaldoiro tamén contou coa presenza do escritor Alfonso Álvarez Cáccamo, que tivo a seu cargo a presentación do convidado. Deixamos o audio completo da TERTULIA e o texto da presentación do Carrabouxo feita por Alfonso Álvarez Cáccamo.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
O IEM formará parte dun proxecto de investigación para desenvolver unha base de datos de xestión documental con información integral das fosas comúns exhumadas da guerra civil en toda España. O proxecto está dirixido pola Euskal Herriko Unibertsitatea (Universidade do País Vasco), a Sociedad Científica Aranzadi e conta co apoio do Ministerio de la Presidencia mediante Resolución do 27 de novembro de 2009 da Subsecretaría del Ministerio de la Presidencia (BOE n º 290 de data 2 de decembro de 2009)