|
Escrito por IEM
|
|
Venres, 24 Maio 2013 12:19 |
|

-“Has de Cantar”, o poema de Rosalía musicalizado polo artista miñorano Pablo Rial Salgueiro será interpretado por Cantares do Brión no acto central en Vigo polo 150 aniversario da primeira publicación de Cantares Gallegos.
Na mañá do domingo, 26 de maio, no Casco Vello de Vigo desenvolverase unha xornada de homenaxe floral e musical con motivo de se cumpriren os 150 anos da publicación da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Desde primeira hora está prevista a elaboración dunha alfombra floral. Posteriormente, a partir das 12:00 horas desenvolveranse varias actuacións de grupos de gaitas e de baile tradicional.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por IEM
|
|
Martes, 21 Maio 2013 17:56 |
Débense corrixir os orixinais de Rosalía de Castro? Cumpre modificar a ortografía de Otero Pedrayo? Sinala Miguel Anxo Mouriño que cando un poeta escribía a súa obra en galego antes da existencia de normativas, "este era un idioma popular, sen ningún tipo de rexistros cultos onde poder estudar". A partir desta constatación, Mouriño achéganos unha profunda reflexións sobre a responsabilidade dos correctores e editores contemporáneos á hora de tratar escritos antigos. Presenta para iso unha serie de exemplos que analiza á luz do que considera unha tarefa a prol da dignidade da nosa lingua. Preme aquí para descargar "Brila, NO ANO DE ROSALÍA" |
|
|
Escrito por IEM
|
|
Mércores, 22 Maio 2013 23:12 |
|

Recentemente editado, Carlos Casares, o amigo das palabras, achéganos unha imaxe plural do senlleiro escritor ourensán a partir de trinta e tres entrevistas realizas a diversas personalidades da cultura. Rafael Laso Lorenzo (Xinzo de Limia, 1965), autor do libro, escolleu a tres membros desta casa que por unha razón ou outra, coñeceron persoalmente a Casares para a construción dese feixe de miradas. Hoxe compartimos a entrevista realizada á tamén escritora Rexina Vega, e en sucesivas achegas incluiremos as de Camiño Noia e Carlos Méixome.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por IEM
|
|
Luns, 20 Maio 2013 21:12 |
O vindeiro sábado día 1 de xuño de 2013, terá lugar a xeira "Pinzás: Toponimia, Ouro e Morte", na que percorreremos a aldea e montes de Pinzás (Tomiño) coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM). O punto de encontro será ás 10 horas na Casa do Pobo onde terá lugar un coloquio previo á andaina. Posteriormente sairase ao monte, onde terá lugar un xantar, levando cadansúa comida.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por IEM
|
|
Martes, 21 Maio 2013 22:20 |
|

O vindeiro venres 24 de maio ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición OBRA RECENTE, do plástico Xosé Carlos Barros. O traballo será presentado polo artista vigués Amando, e introducido por Fino Lorenzo. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM. Presente nas mellores coleccións institucionais e privadas do país, a obra que Xosé Carlos Barros (Vigo, 1962) presenta na Aula de Cultura Ponte de Rosas, supón un exquisito experimento plástico que indaga nas posibilidades simbólicas da materia.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alvaro
|
|
Domingo, 19 Maio 2013 18:53 |
|

O Día das Letras Galegas trouxo máis dunha alegría polas terras do Miñor. Entre a marea de actos e festexos que alumeaban todos os recunchos do val recibíamos a boa nova de que a querida compañeira, a poeta Marta Dacosta recibía o primeiro premio da XVI Edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, outorgado polo Concello de Bueu.
|
|
Ler máis...
|
|