| Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor. |
|
-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas. -Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión. |
| Prepárate para a Xeira de Couso |
| Escrito por Alvaro | |||
| Martes, 03 Agosto 2010 19:25 | |||
|
O vindeiro mércores, 4 de agosto ás 18,00 h. sairemos do local do IEM. O percorrido desta visita iniciase por terras de Santa María de Tebra, onde visitaremos A Pedra dos Mouros, a maior superficie de arte rupestre prehistórica de Galicia. Emplázase aquí o petróglifo da Pedra dos Mouros ao que se lle supón unha antigüidade duns 4000 anos, dun período coñecido como calcolítico, idade do bronce. Esta mostra de arte rupestre contén, nomeadamente, circos concéntricos e coviñas ademais dun cabalo con xinete, un antropomorfo e uns pequenos muíños naviculares.A mais de 400 metros localizamos un cemiteiro sen valados, construído hai entre 4000 a 6000 anos, na chan entre vertentes. Son 13 mámoas da época prehistórica coñecida como neolítico. Máis adiante subiremos ó Castro de Riba, quizais sexa un asentamento humano de hai 2000/2500 anos, da época castrexa. Ollaremos terrazas, terrapléns, murallas, unha complexa obra defensiva e habitacional. Pica aquí para ver o percorrido. Pica aquí para ver o calendario e crónicas das Xeiras do Verán 2010.
|