Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Está en:  Inicio
Skip to content
A obra de Xesús Valverde: unha recuperación necesaria.
Escrito por Fino Lorenzo   
Martes, 26 Abril 2011 19:53

xesus-iem

Aínda que é coñecido o interese dos responsables da Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, por recuperar a sobranceiros artistas doutras xeracións, a primeira sorpresa que ofrece esta exposición, dedicada a Xesús Valverde, é a fluidez coa que encaixa na liña, aberta, contemporánea e experimental, da sala.
Ler máis...
 
O IEM participará da xornada debate "As fundacións de Galicia. Problemas e perspectivas".
Escrito por Alvaro   
Luns, 25 Abril 2011 21:14

folleto_fundacions_culturais-1

O IEM está a participar na xornada debate "As fundacións de Galicia. Problemas e perspectivas ", organizada polo Consello da Cultura Galega. A mesma desenvolverase o vindeiro martes 26 de abril de 2011 na biblioteca do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.
 
Presentación do poemario As portas ausentes do artista baionés Caino.
Escrito por Alvaro   
Luns, 25 Abril 2011 21:05

"caino-cartel

Has albiscar, amigo lector, ao rematar este limiar, a vibrante e aflixida voz do artista baionés Caíno Vasconcellos", así comeza a presentación que o mozo poeta Anxo Ratel fai de As portas ausentes, o primeiro poemario de Caino. Ao longo de 127 páxinas, os versos e debuxos de Caino crean un universo onde a exquisita sensibilidade que o autor nos ten acostumados atopar na súa pintura, agora se amosa na obra poética.As portas ausentes, vaia presentarse o próximo xoves 28 de abril ás 20:30 horas na Capitanía Marítiama de Baiona (Elduayen, 20). O poemario está editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Letras da Groba. No acto intervirán ademais do autor, o director do IEM, Carlos Méixome, e o poeta Anxo Ratel ademais de varios veciños e veciñas de Baiona que recitan textos do libro de Caino Vasconcellos.

Ler máis...
 
Inauguración da exposición retrospectiva Xesús Valverde 1925/1993
Escrito por Alvaro   
Mércores, 20 Abril 2011 20:59

Inauguruouse a mostra Xesús Valverde 1925/1993

Esta noite na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" sede do Instituto de Estudos Miñoranos inaugurouse a exposición Xesús Valverde (1925/1993). A presentación da mesma estivo a cargo de Carlos Méixome, director do IEM; Alba Valverde, filla de Xesús Valverde, Antonio Valverde, irmán de Xesús e mais Juan González, 1º Tenente de Alcalde de Nigrán.
Ler máis...
 
Convocatoria do IV PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO - ENTIDADE LOCAL DE MORGADÁNS
Escrito por Alvaro   
Xoves, 14 Abril 2011 21:49

Cartel-IV-Premio-Victoriano-Taibo

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo de 2011, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro do mesmo ano.

Ler máis...
 
Inaugúrase a exposición Xesús Valverde (1925/1993) na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Escrito por Alvaro   
Martes, 19 Abril 2011 21:22

Foto-Xessiem

Mañá mércores ás 19:30h na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira 10, baixo) sede do Instituto de Estudos Miñoranos inaugurarase a exposición Xesús Valverde (1925/1993). Nesta exposición retrospectiva, celebrada 18 anos despois da morte de Xesús Valverde, ademais de amosar esculturas en pequeno e mediano formato, exporanse 26 debuxos, a meirande parte inéditos, algúns deles realizados nos últimos anos da súa vida que reflicten a súa interpretación simbólica do río Miñor e da paisaxe miñorá. A exposición estará aberta ata o 26 de maio e poderá ser visitada de luns a venres de 19 a 22 horas.
Xesús Valverde, pertencente a unha familia de estirpe miñorá, desenvolveu a súa actividade profesional en Madrid, pero mantivo sempre unha vinculación especial co Val Miñor e mesmo, nos derradeiros anos da súa vida, pasaba longas tempadas na súa casa da Romana, en San Pedro da Ramallosa, e está enterrado no cemiterio parroquial.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>

Páxina 81 de 116