Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo.
A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
Está en:  Inicio
Skip to content
Continúa o ciclo "Lois Tobío na República de Weimar" coa proxección de "Emilio e os detectives"
Escrito por Alvaro   
Martes, 29 Marzo 2011 19:00

emil_detektive

O próximo xoves 31 de marzo ás 20:00h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" de Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a segunda das proxeccións do ciclo "Lois Tobío na República de Weimar".
Ler máis...
 
Sinatura de convenios entre a Universidade de Vigo e o Instituto de Estudos Miñoranos
Escrito por Alvaro   
Venres, 25 Marzo 2011 21:44

conveniouviem

Un convenio marco de colaboración e dous específicos relativos ás areas de Arqueoloxía - Historia Antiga e mais Microtoponimia - Talsonimia foron asinados hoxe entre a Universidade de Vigo e o Instituto de Estudos Miñoranos.
Ler máis...
 
A mostra NEUSTON Experimento 1 viaxa a Bruselas.
Escrito por Alvaro   
Luns, 28 Marzo 2011 22:20

20672_I_fondo-6

A mostra NEUSTON Experimento 1. Explorando a interfase , se está a desenvolver na cidade de Bruselas, organizada polo Instituto Cervantes e máis o Museo del Mar de Galicia e coa participación de membros do IEM, como o seu coordinador José "Pepe" Pintado.
Ler máis...
 
Vítor Mejuto. My Favorite Things
Escrito por Alvaro   
Venres, 25 Marzo 2011 21:37

mejutoiem

Vítor Mejuto. My  Favorite Things

Aula de Cultura Ponte de Rosas. Do 18 de marzo ao 13 de abril. Gondomar.

A nova cociña de Vítor Mejuto.

Todo bo cociñeiro sabe que non é nada doado acadar un prato  ben equilibrado, nese punto onde  sabores e sustancias elementais, sen sobresaír ningún, mestúranse dun xeito que remata sendo outra  cousa, nova e sorprendente, nunha amálgama que ten a súa propia lóxica, sinxela e fluída,   onde, apenas perceptibles para sutís e curiosos comensais,  fican os resóns e recendos de todos e cada un dos ingredientes iniciais.

Ler máis...
 
O IEM participará nas Xornadas Agostino Entenza, en Cangas.
Escrito por Alvaro   
Luns, 28 Marzo 2011 21:55
O Subdirector do IEM, o arqueólogo Xosé Lois Vilar participará nas Xornadas " Agostino Entenza", coa charla - coloquio "A talsonimia da Ría de Vigo". As xornadas desenvolveranse dende o vindeiro xoves ata o venres 1 de abril nas instalacións do IES Rodeira, en Cangas. Achegamos programa.
 
Imaxes da andaina pola Serra da Groba.
Escrito por Alvaro   
Mércores, 23 Marzo 2011 23:24

andainanagrobaiem

O pasado domingo 20 de marzo, as asociacións S.O.S. Groba, Instituto de Estudos Miñoranos e Verdegaia organizaron unha andaina pola Serra da Groba , parte do programa de roteiros mensuais de Verdegaia "Vai de roteiros!. Nesta serra próxima ao mar e a máis meridional da Galiza, congregáronse máis de cincuenta persoas que compartiron e gozaron das particulares características faunísticas, florísticas, xeolóxicas, arqueolóxicas, etnográficas e a singular beleza deste espazo natural ó mesmo tempo que analizaron as agresións e ameazas que padece.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>

Páxina 89 de 120