| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| O concello da Guarda acolle a III Mostra das tradicións mariñeiras. |
|
|
|
| Marítima - Novas | |||
| Escrito por Alvaro | |||
|
A Sección Marítima do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) anuncia a presentación da III Mostra das tradicións mariñeiras o vindeiro venres 22 de xullo nun acto que terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura do concello da Guarda. O programa do día anuncia unha charla da filóloga Marta Dacosta sobre "O traballo da muller no mar" e a posteriori o pase do documental "Un mar de mulleres" dirixido por Paula Pérez González. No acto intervirán Helena Herbello do Grupo de Acción Costeira (GAC) de Vigo - A Guarda e José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda.
A III Mostra das tradición mariñeiras desenvolverase no porto da Garda durante os días sábado 30 e domingo 31 de xullo. Nese marco desenvolverase unha exposición de embarcacións tradicionais no Paseo Marítimo onde estarán presentes algunhas das gamelas da Sección Marítima do IEM. Durante a fin de semana tamén terá lugar nunha carpa colocada no peirao gardés unha mostra da Exposición Permanente do Museo do Mar de Galicia, e do Museo Atalaia a mostra "O Patrimonio marítimo de Galicia". Completa estas exhibicións unha escolma de fotografías antigas. Obradoiros e Mercado Mariñeiro
O evento contará con diversos obradoiros (cerámica, cestería, encascado, etc) abertos á participación do público. Os devanditos talleres desenvolveranse na Nave Redeiras e na carpa do porto. Para a ocasión levantarase un Mercado Mariñeiro na Rúa do Porto con diversos postos.
Deporte, lecer e festa gastronómica.
Os visitantes tamén poderán participar de actividades lúdico - deportivas, xa que terá lugar competencias de remoergómetro e varios deportes náuticos, no varadeiro do porto.
Música Tradicional.
A carpa do porto tamén acollerá recitais de música tradicional. Este eido cultural comezará o sábado 30 ás 22 horas na carpa do porto cun Serán Mariñeiro con grupos tradicionais da Guarda e Baixo Miño. O domingo 31, ás 21 horas, actuará o grupo de mulleres caboverdianas BATUKO TABANKA de Burela.
|