| Presentación do libro "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", de Tucho Calvo. |
| O IEM inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta. |
| IEM: Memoria Histórica |
|
|
|
| Memoria histórica - Artigos | |
| Escrito por IEM | |
|
Unha das actividades permanentes do Instituto de Estudos Miñoranos é o labor de recuperación da memoria, da memoria histórica, iniciada en 2004 en relación coa recuperación dun lugar de memoria como é a "Volta dos Nove". No ano seguinte constitúese unha Comisión para a realización dun monumento dos nove veciños do Val Miñor alí asasinados e que foi inaugurado o 15 de outubro de 2005. Dende aquela data todos os anos se celebra un acto na súa lembranza. O 24 de xullo de 2006, declarado polo Goberno Galego "Ano da Memoria", arribou ao porto de Baiona o Barco da Memoria e o IEM realizou unha serie de actividades no mesmo que serviron de base á publicación do libro-disco-DVD "Arte e memoria. Arte é memoria" que tivo lugar en abril de 2009. En colaboración con outras asociacións da memoria do sur de Galicia promoveuse a exposición e o documental "Antón Alonso Ríos: O siñor Afranio" e realizáronse xeiras polas paraxes miñoranas polas que andou fuxido Antón Alonso Ríos. En 2008 realizouse unha homenaxe aos mestres e mestras miñoranas represaliadas polo franquismo e en abril de 2009 a apertura das dúas fosas comúns de San Xián (O Rosal) e de Baiona. En xuño de 2010 foron entregados aos familiares os restos dos tres cadáveres exhumados na fosa 1 de San Xián. Dende 2009 estamos a traballar no estudo das Causas Militares instruídas contra veciñas e veciños do Val Miñor.
|