Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Memoria Histórica Artigos
Skip to content
Artigos
Valentín Paz Andrade e José Queizán: dous bos defensores PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Artigos
Escrito por Carlos Méixome   

Valentin_paz_and


Noutra ocasión falamos dende as páxinas d’A Peneira da causa militar 297/1936 instruída contra o Garda Forestal de Baiona Jaime Martínez Estévez e vista no Consello de Guerra celebrado, o 17 de decembro de 1936, en Vigo, no que resultou condenado a 15 anos de prisión polo delito de “auxilio á rebelión”. Comentabamos daquela que o Forestal procurara un bo defensor, nada máis e nada menos que a Valentín Paz Andrade. O avogado galeguista elaborou unha hábil estratexia defensora argumentando a actuación forzada do seu patrocinado e, nomeadamente, que no momento dos feitos non se declarara o Estado de Guerra en Baiona, onde residía o seu defendido quen ignoraba que si se fixera en Canido (Vigo), lugar dos feitos que os sublevados querían xulgar.
Ler máis...
 
A recuperación cívica da memoria no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Artigos
Escrito por IEM   

Placa-Volta-do-Nove


Presentamos o artigo A recuperación cívica da memoria no Val Miñor, escrito por Carlos Méixome (director do IEM), para o libro Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América debates para unha historiografía, (Ediciones Trea, 2012).
Ler máis...
 
A medicina forense no eido dos Dereitos Humanos e a Memoria PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Artigos
Escrito por Dr. Fernando Serrulla Rech   

ANTROPOLOGIA-FORENSE-DE-LA-

Unha nova dimensión da Medicina Forense.
(Tomado do prólogo do Boletín Galego de Medicina Legal e Forense, da Asociación Galega de Médicos Forenses. Xaneiro de 2012.)

Fai uns anos tiven oportunidade de visitar o campo de concentración de Sachsenhausen nas proximidades de Berlín. Percorrín cunha audioguía o campo atravesando arrepiado os barracóns, as celas, a área de castigo dos detidos, a cociña e os fornos crematorios. Preto dos fornos crematorios atopábase un edificio que chamou a miña atención: as salas de autopsia. Dúas salas de autopsia con mesas e paredes alicatadas onde os médicos investigaban os casos de malformacións e facían os seus experimentos. O soto albergaba un depósito de cadáveres con capacidade para máis de 200 corpos. Arrepiado escoitei que a"lei" ditada polo goberno "obrigaba" aos médicos do campo a certificar a morte nunha das cinco causas de morte posibles. Ningunha destas causas era violenta. Saín daquel lugar con mal corpo e cunha reflexión que vos transmito, que fixeses ti se foses médico forense do campo de Sachenhaussen?

Ler máis...
 
O Forestal de Baiona e o Hotel de Canido PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Artigos
Escrito por Carlos Méixome   
Hotel de CanidoAínda que natural de Arbo, onde se establecería tras cumprir a pena de prisión, Jaime Martínez Estévez residía, na altura de 1936, en Baiona. Na vila mariñeira, que os fachendosos denominan real, traballaba de Garda Forestal. Alí transcorría a súa vida en tempos axitados pola crise económica mundial, o ascenso dos fascismo en Europa e as tensións políticas da II República, até que se produciu a sublevación militar do 18 de xullo.
Ler máis...
 
A causa contra Paco Mandado e as interioridades da vida baionesa PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Artigos
Escrito por Carlos Méixome   

causa-paco-mandado-250

Unha das curiosidades do período da II República en Baiona é a importancia que tiveron, entre os dirixentes políticos e sindicais das esquerdas e, tras a sublevación militar, defensores da legalidade democrática, tres parellas de irmáns: os Ineses, Luís e Pepe; os Villafines, Agustín e Pepe, e os Mandado Marcote, Joaquín e Francisco. Os dous primeiros matados en Sabarís o 13 de outubro de 1936; os Villafines, ao igual que Joaquín Mandado Marcote, encartados e condenados na causa 138/1936, que poderíamos denominar como a causa xeral contra Baiona.
Contra o irmán deste último, Francisco, instruíuse causa propia, a 917/1936, que quedou sobresida o 19 de novembro de 1936. En todo caso Francisco Mandado Marcote estivo preso dende o 8 de agosto, data na que foi detido polo impresentable, pero sempre presente, Cabo Pena ata, que saibamos, a data de sobresemento. Primeiro no deposito municipal de Baiona e despois no cárcere de Vigo.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3