Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Está en:  Inicio Memoria Histórica Artigos Testemuña do fillo de Manuel Aballe Domínguez. Volta dos Nove
Skip to content
Testemuña do fillo de Manuel Aballe Domínguez. Volta dos Nove PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por Alvaro   
Mércores, 15 Setembro 2010 22:03
Get Adobe Flash Player here
P9143408web
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

 

O martes 14 de setembro o IEM recibiu a visita de Luís Aballe Rial, fillo de Manuel Aballe Domínguez, uns dos nove  asasinados, na madrugada do 16 de outubro de 1936, na estrada de Camposancos, ao saír de  Baiona e antes de chegar a Baredo,  no lugar hoxe coñecido como Volta dos Nove.

Acompañado da súa muller Mercedes Lago Pastor e do seu fillo Javier Aballe Lago, Luís Aballe lembrou os duros momentos vividos na súa infancia cando detiveron ao  seu pai despois  dun altercado co Cabo Pena, comandante do posto da Garda civil de Baiona, que pouco antes, mirando a uns nenos que estaban a xogar na rúa, dixo: "Estos son todos hijos de rojos, habría que matarlos a todos".

A familia Aballe anda na procura de documentación para engadir o caso  do  seu pai asasinado aos casos presentados ante a xustiza arxentina. Achegamos unha testemuña da voz de Luís Aballe relatando os acontecementos que remataron coa detención do seu pai.