| O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo. |
|
A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
|
|
Ao abeiro da axuda concedida polo Ministerio de la Presidencia do Gobierno de España, en novembro de 2009, estamos a traballar na dixitalización e transcrición das Causas Militares instruídas contra veciños e veciñas do Val Miñor entre 1936 e 1939. Estas causas atópanse no Arquivo Intermedio da Rexión Militar Noroeste de O Ferrol e agora podemos ofrecerllas en formato dixital acompañadas da súa transcrición literal, realizada por Uxío Méixome Juiz. Paulatinamente engadirase un resumo descritivo de cada unha delas.
|
|