|
|
|
Memoria histórica -
Novas
|
|
Escrito por IEM
|
|

Un total de 56 homes e mulleres de orixe portugués están rexistrados no proxecto Nomes e Voces, como vítimas de represión franquista. Deles, dous vivían no Val Miñor, nomeadamente Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudencio del Rosario. Veciños afincados na parroquia de Chaín (Gondomar) e asasinados na estrada Baiona - A Guarda, á altura de San Xián en febreiro de 1937. Todos eles serán homenaxeados o vindeiro 12 de maio na Universidade do Minho, na vila portuguesa de Monção. Acto ao que adhire o IEM.
|
|
Ler máis...
|
|
Memoria histórica -
Novas
|
|
Escrito por Alvaro
|
|

Achegamos o texto da conferencia Baiona 1936 ofrecida polo historiador Carlos Méixome no peche do ciclo 75 anos despois , organizado pola Comisión Volta dos 9 e o IEM. Para baixar o texto pique aquí.
|
|
Memoria histórica -
Novas
|
|
Escrito por Alvaro
|
|

O historiador Carlos Méixome , pechou o ciclo historiográfico 75 anos despois, cunha conferencia baseada nas últimas pescudas desenvolvidas polas secciones de Arqueoloxía e Memoria Histórica do IEM, sobre a represión franquista no Val Miñor. Ao longo do faladoiro, Méixome contextualizou os datos achegados polas máis de 20 causas militares que leva desclasificando o IEM, os aportes dos traballos de exhumación dos últimos anos, xunto cos testemuñas orais e documentais que por máis dunha década estanse a recompilar.
|
|
Ler máis...
|
|
Memoria histórica -
Novas
|
|
Escrito por IEM
|
|

Mañá sábado ás 20h na Capitanía de Baiona (r/ Elduayen 20, 1º andar) pecharase o ciclo de presentacións de libro e conferencias "75 anos despois" cunha conferencia do director do Instituto de Estudos Miñoranos, profesor e historiador, Carlos Méixome Quinteiro na que realizará unha primeira achega aos feitos acontecidos na vila de Baiona a partir do 20 de xullo de 1936, data da declaración do Estado de Guerra en Vigo, ata o 24 de xullo, día no que as tropas sublevadas entraron na vila de Baiona.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 7 |