- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío. -Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
No 75 cabodano, nunha sinxela e sentida homenaxe foron recordados os nove veciños do Val Miñor asasinados na madrugada do 16 de outubro de 1936 no quilómetro 58 da estrada Pontevedra Camposancos. No mediodía do sábado 15, reunidos ao pé do monumento-homenaxe obra do escultor Fernando Casás, membros do Instituto de Estudos Miñoranos, a Comisión Volta dos Nove, familiares dos asasinados, concelleiros dos tres municipios do Val Miñor e veciñas e veciños da bisbarra, fixéronse presentes para acompañar a memoria das vítimas.
A Comisión de familiares "Volta dos Nove" e o Instituto de Estudos Miñoranos realizarán o próximo sábado 15 de outubro, ás 13h, unha ofrenda floral en memoria dos nove veciños do Val Miñor asasinados na noite daquela triste xornada de 1936.
Nunha sinxela e sentida homenaxe foron recordados os nove veciños do Val Miñor asasinados a madrugada do 16 de outubro de 1936 no quilómetro 58 da estrada Pontevedra Camposancos.
Amigos e amigas do IEM e da comisión Volta dos Nove
Setenta e catro aniversario dos asasinatos na Volta dos Nove Ofrenda floral na súa lembranza O próximo sábado 16 de outubro, no setenta e catro aniversario do asasinato dos nove veciños do Val Miñor na Volta dos Nove, celebraremos unha sinxela ofrenda floral ante a escultura de Fernando Casás. Será ás 13h. Agardamos contar coa vosa presenza neste necesario e permanente exercicio de memoria Saúdos Carlos Méixome – Director do Insituto de Estudos Miñoranos Ana Mª Rodríguez – Comisión Volta dos Nove