Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo.

A contaminación e degradación das augas e a biodiversidade da Ría de Vigo están relacionadas cun tratamento deficiente das augas residuais urbanas, así como pola existencia de diversas instalacións industriais asentadas na zona, afirmaron os membros da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo durante a presentación dun informe de situación no Instituto de Estudos Miñoranos. A denuncia xa está presentada ante a comisión de Peticións do Parlamento Europeo que a finais de xuño presentará un informe con recomendacións que seguramente "rematará nun bo tirón de orellas" ás autoridades opinou o presidente do colectivo, Serxio Regueira.
Está en:  Inicio Novas Homenaxe ás vítimas portuguesas da represión franquista en Monção coa presenza de Mário Soares.
Skip to content
Homenaxe ás vítimas portuguesas da represión franquista en Monção coa presenza de Mário Soares. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 27 Abril 2012 13:24
homenaxe-portugal


Un total de 56 homes e mulleres de orixe portugués están rexistrados no proxecto Nomes e Voces, como vítimas de represión franquista. Deles, dous vivían no Val Miñor, nomeadamente Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudencio del Rosario. Veciños afincados na parroquia de Chaín (Gondomar) e asasinados na estrada Baiona - A Guarda, á altura de San Xián en febreiro de 1937. Todos eles serán homenaxeados o vindeiro 12 de maio na Universidade do Minho, na vila portuguesa de Monção. Acto ao que adhire o IEM.
Co título "Homenagem a Portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Espanhola", desenvolverase un programa que comezará as 15 horas coa descuberta dunha placa coa listaxe das vítimas que estará encabezada polo ex presidente da República de Portugal Mário Soares. Posteriormente intervirán José Emilio Moreira (Presidente da Câmara Municipal de Monçâo), António M. Chunha (Reitor da Universidade do Minho) e Fernando Rosas (Instituto História Contemporânea, da Universidade Nova de Lisboa). O acto rematará cunha actuación do Grupo de Gaiteiros "Os Conxeiros".
Ás 16 horas, na Sala de Conferencias da Casa Museu de Monção, da Universidade do Minho, desenvolverase un faladoiro coa participación de Lourenzo Fernández Prieto e Dionisio Pereira (Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" da USC), Paula Godinho (Facultade de Ciencias Socias da Universidade Nova de Lisboa), Norberto Cunha (Universidade do Minho). Sesión que rematará cunha actuación do Grupo Cultural "Os Sinos de Sé".
O acto memorístico está organizado pola Universidade do Minho, a Universidade Nova de Lisboa, a Fundação Mário Soares, o Centro Histórico Cotemporâneo, o Proxecto Nomes e Voces da Universidade de Santiago de Compostela e a Câmara Municipal de Monção.
Achegamos material xornalístico verbo a represión de cidadás portugueses en Galicia durante o franquismo publicados polo xornal Público. Preme aquí.