Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Está en:  Inicio Premio Nano Cambeiro
Skip to content
Faladoiro informativo sobre a Banca Ética en Galicia a través do Proxecto FIARE, no IEM. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 19 Xuño 2012 20:49
fiare


O vindeiro venres 22 de xuño ás 20:30 horas un equipo de voluntarios de FIARE brindará unha charla informativa sobre o seu proxecto cara a unha "Banca ética", na Aula de Cultura Ponte de Rosas. FIARE nace en España no ano 2003 e dende 2004 vén funcionando como prestadora de servizos financeiros de Banca Popolare Etica, unha entidade de referencia na banca ética europea.
En xaneiro de 2010 constituíuse a territorial galega, Asociación Fiare Galiza (Fiare GZ), a que se atopa nestes momentos na formación dunha cooperativa de crédito.
O faladoiro estará dirixido a informar dos principios éticos que rexen esta actividade financeira, o estado actual do seu desenrolo no país, así como as distintas posibilidades que ten as institucións sociais e particulares de participar do proxecto.
Para descargar o díptico informativo de FIARE preme aquí.