Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor.

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Está en:  Inicio Premio Nano Cambeiro
Skip to content
Convocatoria ao acto da Homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 27 Xuño 2012 18:55
manos-rojas

Amigas e amigos do IEM. Como tódolos anos, Iniciativa Galega pola Memoria organiza o Homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón. Acto no que participa e colabora o IEM e que este ano terá lugar o vindeiro domingo 15 de xullo. Necesitamos que todos aqueles que teñan intención de participar comuníquennolo aos efectos de facer as previsións de cotas para o barco que nos trasladará á illa.
As mesmas deben dirixirse á brevidade ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou a través do teléfono 986 360 575 de 18 a 22 horas de luns a venres.