Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size default color brown color green color red color blue color

Destacados

Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.


- O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
-Na actividade os empresarios do Val Miñor lerán poemas do homenaxeado e contarase coa participación do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Está en:  Inicio Premio Victoriano Taibo Artigos
Skip to content
Artigos
Convocado o V Premio de Poesía Victoriano Taibo Entidade Local de Morgadáns 2012. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   

vt2012

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.
Ler máis...
 
Nunha emotiva cerimonia Calros Solla recibiu o IV Premio Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

O escritor Calros Solla recibiu o IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns nunha cerimonia celebrada na Escola de Guillufe o pasado sábado 12 de novembro. O gañador,  autor de Holocausto Zacoe, obra premiada polo xurado, recibiu do presidente da Entidade Local de Morgadáns, Urbano Esmerode, unha escultura do autor miñorá Fino Lorenzo e mais un premio en metálico de 3000 euros.

Ler máis...
 
Este sábado entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns . PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por Alvaro   

vt-iem

Recordamos que o vindeiro sábado 12 de novembro o poeta pontevedrés  Carlos Solla, será galardoado coa entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, pola súa obra Holocausto Zacoe.  O autor recibirá como premio unha escultura do artista miñorá Fino Lorenzo, 3.000 euros en metálico e a edición da súa obra. O acto terá lugar na Escola de Guillufe  en Morgadáns, ás 19 horas e é aberta ao público.

 
Entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, na Escola de Guillufe. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   

1Carlos_Solla

O vindeiro sábado 12 de novembro o poeta pontevedrés  Carlos Solla, será galardoado coa entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, pola súa obra Holocausto Zacoe.  O autor recibirá como premio unha escultura do artista miñorá Fino Lorenzo, 3.000 euros en metálico e a edición da súa obra. O acto terá lugar na Escola de Guillufe  en Morgadáns, ás 19 horas e é aberta ao público.

Ler máis...
 
Poema manuscrito de Victoriano Taibo. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   

vitoriano-taibo

O compañeiro do Instituto de Estudos Miñoranos, Antonio Valverde Alonso, máis coñecido, no Val, como Juan, fainos chegar este poema manuscrito de Victoriano Taibo. Ignacio Novás Piñas, fillo de Juan Novás Guillán a quen Taibo dedicou esta "Lembranza da tecedeira" agasallou a Juan, ou Antonio, con esta xoia.  O poema está asinado en Morgadáns o 15 de setembro de 1947. Foi publicado, co mesmo título, na revista Sonata Gallega II, no número extraordinario de 1949. en páxina non numerada. Posteriormente, en 1968, na revista El Museo de Pontevedra, nº 22, 1968, páxinas 127-130, co título lixeiramente alterado: "Lembranzas da Tecedeira".

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 5