| Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. |
|
|
| Veredicto Final do III Certame de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns |
|
|
|
| Premio Victoriano Taibo - Artigos | |||||
| Escrito por Alvaro | |||||
|
Gañadora: Mª GORETTI FARIÑA CAAMAÑO coa obra Devastacións dispoñibles
No día de onte, 9 de setembro de 2010, o Xurado da Terceira Edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo, instituído pola Entidade Local de Morgadáns (Gondomar) e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), e integrado por: Gonzalo Navaza Blanco, profesor e escritor, membro do IEM Marta Dacosta Alonso, poeta e profesora, membro do IEM Elvira Riveiro Tobío, poeta e cogañadora da segunda edición deste premio Mª Carmen Caramés Gorgal, poeta e cogañadora da segunda edición deste premio Araceli Gonda Cabreira, xornalista e guionista e no que actuou como secretario (sen voto) e representación do IEM, Miguel Anxo Mouriño Fernández, e presidido polo Presidente da Entidade Local de Morgadáns, Urbano Esmerode Domínguez (sen voto) acordou por unanimidade adxudicarlle o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao poemario titulado Devastacións dispoñibles, do que é autora Mª GORETTI FARIÑA CAAMAÑO, do que valorou especialmente o lirismo que, co trasfondo dunha perceptible tristeza existencial, impregna o poemario, así como un manexo elegante e eficaz da lingua para expresar con amenidade estes sentimentos. Achegamos para descargar a acta coa resolución do xurado e a folla informativa coa valoración da obra
|